Inicio   Cartel   Descargas   Galería                                                                                        Volver a página inicial

ASOCIACIÓN AUTOMOBILÍSTICO-SOLIDARIA SCRATCH GALICIA

Scratch Galicia, tralo éxito obtido na súa convocatoria de 2010, ten o pracer de voltar a organizar a II Ruta Turístico-Solidaria de Ferrolterra, que ao igual que o ano pasado, voltará a servir de apoio para a institución benéfica Cociña Económica de Ferrol.
 
Na tempada 2010, Scratch Galicia decidiu centrar as súas accións solidarias con entidades próximas, debido á situación de crise que se está a vivir en todo o país. Foi un rotundo éxito no que alcanzamos doazóns por valor de máis de 400 quilogramos en alimentos non perecedeiros e 200 litros de Coca Cola Light doados por Begano como peso dos gañadores da edición anterior.Neste ano, o obxetivo da Asociación Automobilístico Solidaria, pasa por obter unha cantidade maior e aumentar o número de participantes que aproveiten a celebración dun evento lúdico no que prima a diversión ao mesmo tempo que estamos a colaborar cós máis desfavorecidos.
 
O evento, grazas ao apoio da Escudería Scratch Fene, será valedeiro para o Campionato Galego de Ralis de 2ª Categoría e consta dun percorrido do redor de 250 quilómetros nos que as medias de velocidade non excederán en ningún caso dos 50 quilómetros hora. A Ruta, partirá de Mugardos, facendo unha parada na Casa do Mel de Goente, a quenes agradecemos encarecidamente a súa colaboración e realizando a parada do mediodía no Concello de As Pontes, onde os veciños que así o queiran, poderán achegar as súas doazóns para a Cociña Económica. Ademáis, os participantes gozarán dunha recepción municipal e un xantar posterior. Para rematar faánse os últimos treitos camiño de novo ao Concello de Mugardos.
 
Scratch Galicia, continúa deste xeito, un ano máis, coa súa actividade automobilístico solidaria que tan bas froitos acada ano tras e que continuará durante as próximas tempadas. Se queredes colaborar ou participar nesta ruta, contactade connosco.

Para máis información: 676726260 (Fátima ou Édgar)

Diseño web: Eduardo Rubianes Naya