Inicio   Cartel   Descargas   Galería                                                                                        Volver a página inicial

ASOCIACIÓN AUTOMOBILÍSTICO-SOLIDARIA SCRATCH GALICIA

O vindeiro sábado 11 de decembro de 2010, tomará a saída dende Mugardos a I Ruta Turístico-Solidaria de Ferrolterra. Esta proba, puntuable para o novo Campionato Galego de Ralis de 2ª Categoría, auspiciado pola Federación Galega de Automobilismo, contará con preto de 280 km de percorrido, dos que máis de 150 km pertencerán a treitos de regularidade.

Este tipo de probas, consisten no seguemento dun rutómetro no que se indica o percorrido e a velocidade media á que é preciso circular polos diferentes treitos. Esta velocidade, nunca é superior a 50 km/h, xa que este tipo de ralis, non son probas de velocidade e é preciso cumprir có regulamento xeral de tráfico en todo momento. O funcionamento da proba, consiste na existencia de controis segredos polos que atravesan os participantes e nos que o seu tempo é anotado para comprobar  a súa velocidade media. Por cada segundo de adianto ou de retraso, recibirán un punto, sendo o gañador, o equipo que menos puntos acumule.

O obxetivo da organización é amosar as maravillas paisaxísticas da comarca de Ferrolterra, ao mesmo tempo que colaborar coa Cociña Económica de Ferrolterra na obtención de alimentos non perecedeiros. Tódolos participantes, deberán entregar, coma mínimo, 5 kg de alimentos non perecedeiros que posteriormente serán entregados a institución ferrolá.

Scratch Galicia, dende a súa creación, sempre buscou a realización de actividades de ocio automobilísticas que sirvan para facer algo polos demáis. O comezo de actividades foi a participación no 2009 no Mongol Rally, entregando en Mongolia dous Fiat Seicento, 1000 gafas graduadas e de sol de Alain Afflelou, cartos, comida, xogos infantiles e menciñas. Este ano 2010, o compromiso é cunha das institucións máis importantes de Ferrolterra. Deste xeito segue co seu compromiso de axuda a nivel local, nacional e internacional.

Para máis información: 676726260 (Fátima ou Édgar)

Diseño web: Eduardo Rubianes Naya