A Ruta
Esta é a ruta que eleximos para chegar a Ulan Bator. Son algo máis de 13.000 km nos cales atravesaremos 14 paises coas máis diversas culturas, persoas e paisaxes.
Sabemos, por equipos que participaron en anos anteriores, que temos que ir preparados para as máis cambiantes condicións meteorolóxicas. Atravesaremos dende grandes e verdes chairas, pasando pola taiga, a tundra e a estepa ate atravesar o deserto do Gobi.
Durante o percorrido polos paises europeos teremos a tremenda sorte de desfrutar de estradas asfaltadas e sinalizadas, pero será a partires de Ucrania cando isto comece a empeorar e chegaremos a circular por estradas totalmente de terra e pedras que producirán, seguro, desperfectos no vehículo.
Nestes intres, esta é a ruta que consideramos mellor para a nosa chegada a Ulan Bator, aproveitando a denominada Ruta da Seda, pero isto estará condicionado en todo momento á decisión no momento de paso xa que dependeremos das alertas meteorolóxicas, conflictos entre paises...
Diseño web: Eduardo Rubianes Naya