A Ruta  Colabora

 Volver a páxina inicial

Quenes somos                                                        

O equipo de Scratch Galicia está formado por seis persoas:

  Édgar, Fátima, Chus, Noé, Diego e Fran.

Somos seis aventureiros galegos con ganas de desfrutar dunha longa viaxe e dispostos a enfrentarse a calquera tipo de inclemencia meteorolóxica ou contratempo con tal de chegar a Ulan Bator e poder facer realidade os distintos proxectos humanitarios cós que colaboramos.

As nosas idades comprenden dende os 26 ate os 32 anos e provimos de diversas profesións que todas xuntas forman un gran equipo.

O equipo formouse a finais de 2.008 coa realización da preinscripción para a aventura. Tras varios meses en lista de espera, chegounos a confirmación da entrada con 2 prazas para a edición de 2009, momento no cal fraguouse o acordo de tódolos membros do equipo para a nosa participación.


A idea xurdeu de Édgar e Fátima, dous pilotos recoñecidos do campionato galego de automobilismo deportivo
, que levan a súa solidariedade alí onde participan e que moven todo o proxecto para que poida ser real  ao tempo que demostran que se pode facer deporte e ademáis, colaborar en proxectos de importancia. Despois duns días de reflexión por parte dos distintos posibles participantes, configurouse o equipo definitivo e no que cada un dos membros ten un rol determinado.

No equipo atopámonos cún fotografo profesional que traballa para o Faro de Vigo (Noé) e un operador de cámara (Fran), os cales levarán o peso de toda a repercusión mediática necesaria para a posta en marcha do proxecto e a súa repercusión durante e tras a celebración do evento. Ademáis, a existencia dun concurso de documentais da aventura organizado pola organización inglesa do Mongol Rally, levará a eles dous a confección dun fermoso documento de todo canto aconteza.


Os outros membros do equipo, ofrecerán coñecementos en xeografía e historia (Chus) e en mecánica (Diego), que son o soporte imprescindible para se capaces de atravesar tódolos lugares interesantes do percorrido sen perder ningún detalle nin ter ningún contratempo mecánico.

Coma pódese observar, somos un equipo do máis completo e así debe de ser, xa que o reto ao que nos imos enfrentar será moi duro é será necesario ter uns coñecementos xa adquiridos con anterioridade.

Todos temos moitas ganas de facer esta viaxe e para nos é moi importante conseguir o diñeiro necesario para poder levala a cabo e ao mesmo tempo poder axudar á maior cantidade de persoas posible.

Contamos coa súa colaboración. Grazas.

         

Diseño web: Eduardo Rubianes Naya