A Ruta  Colabora

 Volver a páxina inicial

Presentación                                                           


O Mongol Rally é un rali solidario que sae dende Londres, Milán e Barcelona, con destino final en Ulan Bator (capital de Mongolia).

Trátase dunha carreira na que os participantes conducirán preto de 13.000 km en coches de menos de 10 anos e de ata 1.200cc ou motos de 125cc. Pódese participar con motores de maior cilindrada pagando unha penalización de 100 libras esterlinas por cada 100cc de máis. Estas limitacións débense ao feito de que os coches serán cedidos a sua chegada a Mongolia para que poidan ser empregados alí, polo que deben de ser rendibles no seu funcionamento. Ademáis, a limitación a coches de menos de 10 anos foi unha petición das autoridades de Mongolia para a súa posterior cesión no país asiático. Cada equipo debe de recaudar 1.000 libras esterlinas e doar o coche ao chegar a Ulan Bator. Posteriormente a organización o subasta e o diñeiro é destinado aos proxectos que teñen en Mongolia.


O Mongol Rali é coñecido como "O Dakar dos pobres" e a súa primeira edición foi en 2004 (Londres-Ulan Bator) con 6 equipos, dos cales, 4 chegaron ao final. No 2005 participaron 43 equipos, pero so 18 alcanzaron a capital mongola.

No 2006, o rali comezou con 167 coches e terminou coa chegada de 117. Por primeira vez, un equipo español alzábase coa victoria simbólica da proba, tratouse dos Spanish Bullfighters.


A repercusión mediática comezaba a ser notable e a recadación benéfica ascendeu a 200.000 libras. No 2007 ampliouse a saída a Madrid e aumentouse o número de prazas ate 250; sen embargo, non debeu de ser suficiente xa que en tan so 22 segundos completáronse tódalas prazas. Chegaron A Ulan Bator 160 coches. Debido ao éxito obtido, no 2008 incluíuse a saída dende Milán con 50 prazas máis, cun total de 300 coches.

Para este ano 2009, o número de prazas continúa en aumento ate un total de 350 e nos seremos 2 dos equipos afortunados, tras varios meses en lista de espera.

         

Diseño web: Eduardo Rubianes Naya