A Ruta  Colabora

 Volver a páxina inicial

Axuda humanitaria                                               


Cada equipo participante nesta aventura comprométese a destinar 1.000 libras esterlinas para proxectos humanitarios e ONG´s.
Ademáis, os automóbiles empregados no traxecto repararanse a súa chegada a Ulan Bator e subastaranse. A recadación destinarase a diversos proxectos, obrigando aos participantes a voltar en avión.

A principal ONG coa que colabora o rali é MERCY CORPS, adicada a financiar proxectos de desenrolo de todo tipo en Mongolia. Esta fundación apoia a varios paises de Asia a combater a pobreza crónica por medio de plans de axuda ás comunidades rurais e as suas familias, mediante programas económicos, agrícolas i educativos. Mercy Corps ten programas en moitos dos paises polos que pasa o Mongol Rally, principalmente no centro de Asia, parte principal da viaxe. Actualmente, os paises nos que traballan son: Bosnia Herzegobina, Serbia, Azerbaian, Xeorxia, Kirguizistán, Talliquistán, Uzbequistán, Iraq, Xordania, Afganistán, China, Mongolia e Paquistán. O traballo nesta zoa cubre unha ampla gama de proxectos que traballan na sanidade, educación, deporte e desenrolo económico, aportando pequenos préstamos para apoiar ás persoas a emerxer có seu propio negocio. No 2008, o Mongol Rally recadou máis de 200.000 libras para financiar o programa TAN (Training, Advocacy and Networking program).


O patrocinio do Mongol Rally 2009 continuará facendo posible que pequenas comunidades segan desenrolando proxectos na súa área local. Estes proxectos van, dende a construcción dun GER (casa tradicional mongola) a xardíns de infancia, zoas de recreo para os nenos e centros de desenrolo xuvenil. En cada rexión, os fondos recadados por medio do rali están facilitando unha mellor calidade de vida para moitos dos nenos e familias destas comunidades.


Outra das organizacións á que se destinan fondos da recadación do Mongol Rally é CHRISTINA NOBLE CHILDREN´S FOUNDATION, a cal acolle i educa a nenos sen fogar. É unha asociación internacional de persoas adicadas a axudar aos nenos con necesidades médicas a longo prazo, rehabilitación nutricional, oportunidades educacionais, localización do traballo e proxectos nunha situación de alto risco de explotación económico-sexual.

Christina Noble viaxou a Mongolia en Abril de 1.997 e comprometeuse a recadar diñeiro internacionalmente para mellorar o problema dos nenos da rúa. Fixéronse estudos para determinar a situación cultural de Mongolia e atopáronse cun serio problema: existía unha gran porcentaxe de delincuencia xuvenil, mendicidade e desescolarización de nenos en todo o país. Este foi o inicio do Sponsorship Project, que deu lugar á creación dun Ger onde os nenos poidesen estar a salvo, estudiando e crecendo coma adultos saudables. O Ger foi creado a principios de Novembro de 1.997 e dende entón, o número de proxectos aumentou rápidamente.


Pero isto non é todo, xa que os fondos recadados destinanse tamén a outras organizacións, sendo neste ano 2.009 a Asociación Benéfica Oficial da saída española a Asociación Nadieshda. Trátase dunha das poucas organizacións en España que dirixe a súa mirada ao este das nosas fronteiras europeas. No empeño da organización por devolver algo aos paises que son escenario dunha aventura como o Mongol Rally a Asociación Nadieshda apoia múltiples proxectos destinados a mellorar as condicións de vida dos horfos e nen@s sen fogar de Rusia e Ucrania. Hoxe en día nestes paises hai máis nenos orfos que despois da II Guerra Mundial, a meirande parte abandonados polos seus pais. A situación destes nen@s é extremadamente grave, tentando sobrevivir día tras día nas rúas e destinados a un futuro marcado pola delicuencia, as drogas, a prostitución e o suicidio.

Nadieshda actúa de ponte solidario entre España e os proxectos que iOrphan xestiona en diferentes orfanatos e albergues de Rusia e Ucrania. O 100% das donacións é destinada aos orfos.


Outras organización coas que colabora o Mongol Rally son:

-SWORDE-TEPPA, que realiza campañas de desenrolo e artesanía en Talliquistán.
-HOPE HOMES FOR CHILDREN, a cal encárgase de construir orfanatos.
-CAMDA, especializada na axuda ao desenrolo rural.

Estas son as direccións web destas organizacións:

-www.mercycorps.org.uk
-www.cncf.org
-www.hopeandhomes.org
-www.camda.org.uk
-www.nadieshda.org

         

Diseño web: Eduardo Rubianes Naya